Imprimir

Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada - Universidade da Coruña

Publicado en Cursos y estudios

UDC1O Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada da Universidade da Coruña permite que os estudantes adquiran e/ou reforcen unha formación lingüística avanzada e se especialicen nun dos bloques temáticos de carácter esencialmente aplicado nos cales están agrupados as materias optativas:

  • Adquisición e ensino de linguas
  • Comunicación e recursos lingüísticos
  • Léxico, gramática e variación

O Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada

  • Permite afondar na lingüística teórica e aplicada, e na dimensión social da linguaxe, así como nas liñas de investigación e as propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
  • Proporciona os fundamentos metodolóxicos e críticos para acceder ao exercicio da actividade investigadora, cunha formación versátil e interdisciplinar.
  • Prepara o alumnado para saber actuar en contornos profesionais multidisciplinares e diversificados.
  • Conta cun profesorado altamente cualificado e profesorado convidado de recoñecido prestixio.
  • Conta con talleres asociados, alén de prácticas en empresas e institucións públicas.
  • Posibilita a matrícula a tempo completo ou parcial, xunto coa validación de materias cursadas previamente nas condicións estipuladas polas universidades responsables.

Este estudo é interuniversitario. Ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

Submit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to FacebookSubmit to Google BookmarksSubmit to StumbleuponSubmit to TechnoratiSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn

Por favor, haz login o regístrate en la web para poder publicar comentarios y participar más activamente. Después, refresca o vuelve a esta página. ¡Gracias!